Os novos uniformes. (NOVAS EN GALEGO - MARIA LAGO -- LUCIA G. 5A)

            Hoxe na actualidade falaremos sobre a  impresión que causaron os novos uniformes. En primeiro lugar falaremos como son os uniformes. Para primaria será:
Unha  falda marrón claro cunhas franxas tamén de cor marrón claro, logo haberá uns pantalóns da mesma cor ca falda. O polo é dunha cor branca coas iniciais do colexio e para a chaqueta ou o xersei será de cor verde pino. O chándal será o mesmo que sempre. E para secundaria será:
Unha falda polo xeonllo nunha cor azul mariña, os pantalóns serán como os de primaria pero en azul mariño. O polo será igual ca o de primaria e a chaqueta e beisbolera dunha cor verde coas mangas  brancas e as iniciais do colexio no lado do peito esquerdo.
En segundo lugar falaremos como lle pareceu o novo uniforme:
a maioria dos pais no lle gustou a cordo uniforme para primaria e responderon con comentarios como `Que feo é isto` ou `Isto e horrible`. Mentres que en secundaria non houbo queixas.
   A algúns pais non lle gusta a idea de levar uniforme e responden querendo sacar aos seus fillos do colexio.

   
(TRIBUNA DE OPINIÓN DE MARIA LAGO)
A miña opinión e que para primaria o uniforme e como un saco de patacas. Sen embargo para secundaria o uniforme e bonito dentro do que se mira nos demais colexios.

O uniforme do meu cole.  (Lucía)
O uniforme novo do cole non gustoulle a moita xente. A verdade, as opinións foron moi negativas.
O uniforme é marrón cunha béisbolera fermosa. Para as nenas, falda marrón lisa cun polo branco, para os nenos, polo branco e pantalón gris, moi sinxelo. Tamén leva a iniciais do colexio en verde ou branco.
Na miña opinión, é unha prenda de traballo e ten que ser formal e sinxela. Non digo que teña que ser triste nin aburrida, pero non pode ser abstracta  nin con debuxos.
Moitas madres, padres e nenos/as dixeron: “É un saco de patacas ben recortado!” “É horrendo!” “Eu non se o poño nin en broma!” etc.
Xa levei uniforme en 4º, voluntariamente, claro. Era verde a cadros co polo branco característico dos uniformes, gustábame moitísimo! Era perfecto! Solo o levaban os nenos pequenos de cursos inferiores, pero resulta moi fácil e cómodo levalo porque así non te rompes a cabeza cada mañá con “Qué me vou poñer hoxe?”.
A beisbolera é moi chula e súper guai. Sabedes desas películas americanas de adolescentes rebeldes e como High School Musical? É moi parecida ás que levan eles pero noutro cor e coas iniciais do colexio distintas. Lle quedarán guai a moitos nenos da clase...e as nenas tamén!
Estou desexando pasar a sexto e probar ese “horrendo” uniforme. Non sei, a lo mellor a mis amigas, que opinaron o do saco de patacas, espero que lles acabe por gustar e cambian de idea. Qué nervos!



Comentarios

Entradas populares de este blog

MOURE VISÍTANOS.

Día de la Paz